Rosalía
escribiu en galego e en castelán, en prosa e en verso. A súa obra
está marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida,
desgrazas familiares, apuros económicos e saúde delicada.
En
galego escribiu os libros de poemas Cantares gallegos (1863) e Follas
novas (1880).
En castelán e en verso, La flor (1857), A mi
madre(1863) e En las orillas del Sar (1884). En castelán escribiu
tamén a novela romántica El caballero de las botas azules
(1867).
En Cantares gallegos, Rosalía de Castro trata de dignifica-la imaxe de Galicia, conta os costumes do pobo e defende o galego. Moitos poemas son glosas de cantigas populares. Denuncia a miseria e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais.
Follas novas é unha obra profundamente intimista, reflexo dos sentimentos persoais de Rosalía: soidade, dor e desasosego.
En Cantares gallegos, Rosalía de Castro trata de dignifica-la imaxe de Galicia, conta os costumes do pobo e defende o galego. Moitos poemas son glosas de cantigas populares. Denuncia a miseria e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais.
Follas novas é unha obra profundamente intimista, reflexo dos sentimentos persoais de Rosalía: soidade, dor e desasosego.
La
flor (1857), Madrid: é o primeiro poemario dunha Rosalía
de vinte anos. Aínda que nunha retórica distinta sen substrato
social, aí están xa concentrados algún dos principais motivos
literarios: a muller traizoada, a perda irreparábel… esa flor
seca, murcha, de cemiterio.
“Lieders”: Trátase
dun texto breve e con xeitos de manifesto, e de manifesto feminista,
no que a autora fai un canto á igualdade da muller, á independencia
e á liberdade: “Yo soy libre. Nada puede contener la marcha de mis
pensamientos y ellos son la ley que rige mi destino”
La
hija del mar: Ambientada na paisaxe da Costa da Morte e de
Muxía, trátase dunha novela moi imaxinativa onde a desolación das
personaxes, vítimas de complicados e apaixonados conflitos
sentimentais e con especial protagonismo feminino (Teresa e
Esperanza), están proxectadas no marco xeográfico, descrito como
áspero e deserto.
Flavio: Novela
ambientada na Terra de Iria (o seu título sería un claro índice)
na que os conflitos da paixón entre Mara e Flavio están enmarcados
noutras tensións de carácter social (entre o primitivo e mesmo
medieval e rural co moderno, capitalista e rural) nas que a paisaxe
ou a identidade teñen tamén o seu teatro. A frase inicial é ben
significativa a este respecto: “La verdadera patria del hombre
es el mundo entero”.
A
mi madre, Vigo: Imprenta de Juan
Compañel.Conxunto de catro poemas longos escritos inmediatamente
despois da morte da nai, María Teresa de Castro y Abadía
(1804-1862), figura figura clave na biografía da autora e cuxa
estirpe cantou tamén no célebre poema “Como chove miudiño”.
Cantares
gallegos (1863). Vigo: Imprenta de Juan
Compañel.Primeiro libro integramente en galego que marca o inicio do
denominado Rexurdimento pleno. Asociada á lírica e á esfera
popular, a autora utiliza esta dimensión para desenvolver unha
alegoría nacional sobre a dignidade de Galicia (a cultura, a lingua
e a paisaxe) e a súa épica (a emigración). Non menos importante é
a expresión dun afouto pensamento crítico, especialmente social e
feminista.
“Contos
da miña terra”, A Coruña: A partir dun conto popular
misóxino, coñecido xa na antigüidade clásica, revira a misoxinia
do mesmo cara a unha dimensión feminista. A viúva agora é vítima
de desvalemento e miseria, máis que por causa da morte do seu home,
polas regulamentacións legais discriminatorias.
Las
literatas. Carta a Eduarda”(1866), Lugo: Texto
feminista formulado a través do xénero epistolar no que a autora,
partindo de reflexións feitas a partir da experiencia propia,
explica as difíciles circunstancias que padecen as mulleres
escritoras, as “literatas”, sometidas a constantes
incomprensións, burlas e menosprezos, nun mundo de escritores.
“El
cadiceño”, Lugo: Estampa
costumista protagonizada por unha personaxe-tipo na que Rosalía
satiriza un emigrante a Cádiz. No seu regreso é retratado coma un
botaporela, coma un monicreque renegado, caraterística especialmente
remarcada pola caracterización lingüística que del fai a autora.
Ruinas, (1866): Novela
publicada por entregas en El Museo Universal. Madrid.Novela
protagonizada por tres personaxes situados arredor de dous mundos
sociais en conflito: o do Ancien Régime e o do incipiente
capitalismo. Tema singularmente presente en toda a obra a través da
imaxe das ruínas, evocada desde múltiples ópticas, e asociada á
modernidade e ó progreso.
El
caballero de las botas azules (1867). Lugo, Imprenta
de Soto Freire.Considerada como a máis lograda novela de Rosalía,
trátase dun diálogo e dunha peregrinación polo Madrid do seu
tempo. A enigmática figura do cabaleiro convértese nun instrumento
crítico coa sociedade e coa literatura da época. Novela de novelas,
o seu realismo é dunha textura descoñecida naquela altura.
Follas
novas: centrada totalmente nas mulleres (viúvas de
vivos e mortos), pero especialmente tamén no mundo interior e
subxectivo, onde reinan motivos coma o da negra sombra. A metapoesía
e as posicións sociais avanzadas complementan unha obra de total
radicalidade
El
primer loco: Trátase dunha narración novelesca moi
en sintonía coa subxectividade de
Follas
novas e ambientada nunha referencia xeográfica deste libro de
poemas: a Compostela dos barrios, en concreto Conxo. Nese marco
atopan escenario as ansias e angustias de Luís en relación a
Berenice, o misterio, a fantasía e a loucura.
“Padrón
y las inundaciones” (1881). Catro
entregas en La Ilustración Gallega y Asturiana.
Artigo
asinado nas Torres de Hermida de Lestrobe, espazo biográfico de
primeira magnitude en Rosalía, como nel se confesa, fai unha
descrición das sucesivas cheas que durante un inverno provoca o Sar
na veiga de Padrón, observadas desde as fiestras do pazo, ó tempo
que reclama solución para esta continua cruz que padecen os seus
habitantes.
En
las orillas del Sar (1884). Madrid: Continúa a épica
da emigración, pero agora faise máis dura a simboloxía nacional en
“Los robles”. A perda, o fracaso, o pesimismo, tanto persoais
coma comunais, enchen un libro que é colofón extraordinario a toda
unha vida e a toda unha obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario